- ¿Que é e para que serve?
- Cales son os beneficios da planificación da mobilidade urbana sostible?
- Cales son os principais elementos da planificación da mobilidade urbana sostible?
- Como funciona na práctica a planificación da mobilidade urbana sostible?
- ¿Como podes colaborar?
- Email: pmus.santiagodecompostela@gmail.com
- Teléfono: 604 025 160
Os Plans de Mobilidade Urbana Sostible xorden como unha iniciativa que expoñe un conxunto de actuación para reducir os impactos negativos do transporte e establecer formas de desprazamento máis sostibles, empregando modos de transporte eficientes e reducindo o impacto sobre as persoas e o medio ambiente.
Segundo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) o Plan de Mobilidade Urbana Sostible é un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sostibles (camiñar, bicicleta e transporte público) dentro dunha cidade; e dicir, dos modos de transporte que fagan compatibles crecemento económico, cohesión social e defensa do medio ambiente, garantindo, deste xeito, unha mellor calidade de vida dos cidadáns.
Esta planificación estratéxica se fundamenta nos principios de integración, participación e avaliación, converténdose nunha ferramenta de planificación e un instrumento de concienciación e sensibilización para os cidadáns, as administracións públicas e o resto dos axentes implicados na mobilidade, que confire garantías e fundamentos técnicos ás decisións relativas ó transporte e á mobilidade, todas elas orientadas a acadar a consecución duns medios de transporte máis eficientes e sostibles.
O proceso de elaboración do documento comeza coa realización dunha diagnose a mobilidade na cidade actual, detectando as súas fortalezas e debilidades; continúa cunha fase de análise dos resultados e previsión de posibles escenarios; e conclúe cunha proposta de medidas a adoptar que darán resposta as necesidades de mobilidade.
Para garantir o dereito á mobilidade e facelo dende o punto de vista da sostibilidade é necesario Planificar e Xestionar.
A planificación conséguese a través do plan de mobilidade urbana sostible, que busca integrar todos os beneficios asociados ao transporte sostible para a cidade onde se implanta, entre os que se inclúen:
Imaxe mellorada da cidade A planificación activa da mobilidade urbana sostible pode proxectar unha imaxe innovadora e mellorada de Santiago de Compostela. |
Unha maior calidade de vida O PMUS planifica para as persoas e non tanto para os coches e o tráfico a través de melloras na calidade dos espazos públicos, entre outras. |
Mobilidade sostible e accesible A planificación da mobilidade urbana enfócase na mellora da situación da mobilidade dos cidadáns e facilitar o acceso ao transporte público, ás áreas urbanas e aos seus servizos. |
Beneficios medioambientais e de saúde Traballo orientado a mellorar a calidade do aire, a redución de ruído e a diminución do cambio climático que aporta efectos positivos sobre a saúde, así como un aforro significativo nos costes relacionados. |
Máis oportunidades para as persoas A planificación da mobilidade ofrece oportunidades para chegar aos cidadáns e dar resposta ás necesidades dos distintos grupos de usuarios. |
Decisions apoiadas polos cidadans A planificación apoiarase na participación das persoas e líderes de opinión, aportando medidas de mobilidade urbana para as persoas. |
Cumprimento efectivo das obrigacións legais A planificación urbana sostible permite afrontar e cumprir coas obrigacións legais como son a Directiva de calidade do aire da Comisión Europea ou regulacións nacionais do ruído. |
Cidades máis competitivas e accesos a financiación O PMUS pode ofrecer acceso a financiación dispoñible para solucións innovadoras, ofrecendo unha vantaxe decisiva ante outras cidades cando se compite por financiación pública. |
Nova visión política, potencial de integración O PMUS ofrece unha visión a largo prazo e estratéxica, potenciando unha cultura de planificación efectiva que ten como obxectivo a integración de sectores políticos, institucións, cidades e os seus arredores. |
Un PMUS consta de forma xeral de catro fases principais con doce etapas que se dividen á súa vez en trinta e dúas actividades. As catro fases comezan e rematan cun fito. Os fitos están vinculados a unha decisión ou un resultado que se precisa para a seguinte fase e marcan a finalización da fase anterior. Todas as etapas e actividades deben considerarse como parte dun ciclo periódico de planificación no sentido dun proceso de mellora continua.
O PMUS servirá de base para afrontar eficientemente problemas relacionados co transporte e a mobilidade en áreas urbanas. Baseándose en prácticas existentes e nos marcos regulatorios dos estados membros, as súas características básicas son:
Unha estratexia participativa Unha estratexia que involucre aos cidadáns e aos principais axentes implicados, determinando os niveis de implicación apropiados para a toma de decisións e definición de medidas de mobilidade urbana. |
Un compromiso coa sostibilidade Un compromiso coa sostibilidade para equilibrar o desenrolo económico, a igualdade social e a calidade medioambiental. é importante desenrolar unha concepción consensuada entre os principais axentes implicados que permita ampliar a perspectiva máis alá do transporte e a mobilidade e considerar de maneira apropiada criterios sociais, económicos, medioambientais e político-institucionais |
Un enfoque integrado Unha estratexia integrada que considera prácticas e políticas de diferentes sectores políticos, niveis de autoridade e autoridades veciñas, que permita abordar os déficits en integración e cooperación a través dun desafío significativo, pero tamén aportando unha fonte principal de innovación e mellora. |
Unha visión clara e con obxectivos tanxibles Unha visión a largo prazo para o desenrolo do transporte, uns obxectivos e un enfoque claros para conseguir obxectivos tanxibles que forman parte dunha estratexia de desenrolo global e sostible |
Un repaso dos costes e beneficios do transporte Unha revisión dos costes e beneficios do transporte, considerando os costes e beneficios sociais máis amplos, coas que seleccionar medidas que non dependan soamente da efectividade, senón tamén do valor que aporta a inversión. Especialmente en tempos de orzamentos limitados para a mobilidade e o transporte urbano, sendo crucial obter o maior impacto posible dos recursos invertidos |
O éxito do plan depende, en boa medida, da participación cidadá xa que; por unha banda, será unha importante fonte de información, cuestión clave para o proceso de formulación de solucións adaptadas á realidade da cidade; e por outra, suporá un marco de intervención da cidadanía que poderá colaborar na redacción do documento, mediante as súas aportacións, pois o éxito da implantación das medidas que o plan propoña dependerá da súa aceptación social.
Na actualidade este proceso xa foi iniciado mediante unha xornada de presentación pública dos obxectivos e do contido do PMUS e continuará a desenvolverse mediante a convocatoria de distintas mesas sectoriais ás que asistirán os representantes dos distintos grupos sociais, que representan os intereses cidadáns nos distintos ámbitos da mobilidade, para que poidan manifestar as súas preocupación ou inquedanzas e tamén formular propostas para mellorar a mobilidade na cidade, que serán avaliadas polos redactores do documento e pola propia administración municipal.
Ademais, a título particular, calquera cidadán poderá participar comunicándose co concello e co equipo redactor do PMUS a través destes canais de comunicación: